Festa da empanada de Bandeira

logo
Ir a gallego Ir a español Ir a ingles

SAN CRISTOVO

Camion antiguo San Cristovo

O San Cristovo é unha das tradicións máis lonxevas da Bandeira. A concorrida procesión e bendición de camións e outros vehículos culmina cunha gran mexillonada ao son da música.

A tradición de Xirandola e diferentes grupos musicais completan unha xornada que rende homenaxe aos profesionais do mundo do transporte.

ENTROIDO DE VERÁN

Camion antiguo San Cristovo

A Bandeira demostra dende o ano 2017, que o entroido tamén se pode festexar en pleno mes de xullo.

Numerosas horas de música e actividades para todos os públicos amenizan unha nova tradición festiva onde non existen restricións á hora de elixir disfraz.

O RECUNCAR DA BANDEIRA

Camion antiguo San Cristovo

A vila da Bandeira sempre destacou pola súa actividade cultural e social. O Recuncar, nace no ano 2022 co obxectivo de reunir a toda a veciñanza durante toda unha xornada festiva.

Comida e bebida a cachón mestúranse en perfecta harmonía coa troula en forma de karaoke, xogos tradicionais, pregón e música ata altas horas no corazón do pobo.