Festa da empanada de Bandeira

logo
Ir a gallego Ir a español Ir a ingles
Camion Antiguo na festa

ORIXE

A Festa da Empanada de Bandeira nace no ano 1974, cando un grupo de amigos e amigas deciden levar unhas empanadas a unha fermosa carballeira da vila para gozar dunha amigable tarde ao son da música.

EVOLUCIÓN

A Festa da Empanada pasou de reunir a unha decena de persoas, a congregar na actualidade a preto de 20.000 persoas nos cinco días de celebración. No 1999, este evento gastronómico logrou a declaración de Interese Turístico Autonómico.

Xente na festa
Concurso empaandas

CONCURSO

Dende 1975, Bandeira elixe a mellor empanada do país entre as decenas de creacións que se presentan en cada edición. Tras o veredicto do xurado profesional, as empanadas gañadoras pasan a subastarse entre o público asistente, chegando a superarse os 2.400€ por unha empanada.

O PREGÓN

Dende o 1987, a Empanada recibiu a ilustres pregoeiros como Camilo José Cela ou Alfredo Conde; cociñeiros de renome como Pepe Solla; políticos como Abel Caballero ou Xerardo Fernández Albor; actores e actrices como Luís Zahera, Gloria Ferreiro, Mela Casal, Carlos Blanco ou Teté Delgado; empresarios da talla de Miguel Durán; así como xornalistas de prestixio como Fernando Ónega, María Rey, Pilar Cernuda ou José María Carrascal.

Camilo José Cela en la Fiesta
CEna na carballeira

CEA DE PEÑAS

O gran día da Festa da Empanada, a Carballeira da Pomba acolle a máis de 10.000 persoas ceando empanadas e unha posterior verbena popular.