Festa da empanada de Bandeira

logo
Ir a gallego Ir a español Ir a ingles
Logo Folk

ESMORGA FOLK

Cartel 2022

O Esmorga Folk nace no 1989 co obxectivo de protexer e difundir a música tradicional, que co paso do tempo se deterioraba e quedaba no esquecemento. Este festival, un dos máis antigos de Galicia, consolidouse grazas ao empeño da organización de xuntar, ano tras ano, grupos de gran renome procedentes de todo o mundo.

Roda, Fiandola, Leilía, Mercedes Peón, Carlos Núñez, Kepa Junquera ou formacións estranxeiras como Koun, Vladimir y Serguev ou Dhais son algúns dos grupos que pasaron polo Esmorga. É de destacar que o grupo Tanxugueiras estrouse neste festival, froito do noso afán por descubrir novos talentos.

BANDEIROCK

Logo Folk
Cartel 2022

A andaina do Festival Bandeirock comeza no ano 2002, cando un grupo de amigos e amigas deciden darlle un pouco de rock ás festas de verán da vila de Bandeira. Nestas dúas décadas, reuniu a grupos de relevancia entre os que podemos destacar a Che Sudaka, NAO, Calle del Ruido, Mojo Experience, Os John Deeres, Salavelatoria, The Ron Jeremy Band...

Ademais do seu claro apoio aos grupo rock locais, o Bandeirock ten un claro compoñente solidario, colaborando ano tras ano con centos de quilogramos de alimentos aos Servizos Sociais do Concello de Silleda destinados a axudar aos máis necesitados.