QUEN SOMOS?

Asociación Amigos da Empanada

Juan Salgueiro na subasta da Festa da Empanada.

Juan Salgueiro na subasta da Festa da Empanada.

O 23 de febreiro do 1996 nacía na Bandeira a Asociación Cultural Amigos da Empanada. Esta entidade sen ánimo de lucro foi impulsada por Juan Salgueiro Montouto co propósito de agrupar a todas aquelas persoas que dende o ano 1974 contribuíron a potenciar a cita gastronómica por excelencia do concello de Silleda. Deste xeito, sería moito máis doado organizar un evento que daquelas xa tiña unhas dimensións sen precedentes na contorna.

Entre os fins de Asociación Cultural Amigos da Empanada, destacan os seguintes:

Actuación musical nun establecemento da Bandeira

Actuación musical nun bar de Bandeira

Para cumprir os devanditos obxectivos, Amigos da Empanada despregra unha completa programación cultural e gastronómica ao longo de todo o ano e durante os cinco días da Festa da Empanada. Entre as diversas actividades, destacan as rutas gastronómicas e musicais da empanada e da empanadilla, o entroido de verán, eventos deportivos e infantís, a tradicional celebración do San Cristovo, a xuntanza da vila, concertos culturais e un longo etcétera.

Concerto cultural na Bandeira

Concerto cultural na Bandeira

Conferencia organizada por Amigos da Empanada

Conferencia organizada por Amigos da Empanada

A organización de Amigos da Empanada traballa ademais na creación dunha rede rural de sinerxías entre as entidades e os diversos axentes sociais, creando ciclos de conferencias e eventos educativos. Un dos nosos piares é a formación e a dignificación do oficio do panadeiro mediante a colaboración con panaderías e centros de formación, tratando así de mudar a visión da sociedade e transmitir ás novas xeracións a importancia da defensa da nosa cultura e gastronomía.

Presidentes/as de Honra:

Socios/as de Honra

Entidades Amigas

Asociación Cultural Vista Alegre

entidad amiga

Asociación Cultural Vista Alegre

O edificio que hoxe ocupa a Asociación Cultural Vista Alegre comezou como escola laica en 1930, grazas ao esforzo colectivo dos veciños da zona que emigraron a Buenos Aires. Foi en 1978 cando pasa a converterse en centro social do pobo, por conseguinte, nun foco dinamizador cultural.

Trátase dun dos puntos neurálxicos da vida cultural non só do concello de Silleda, senón de toda a provincia de Pontevedra. Co apoio das distintas institucións e coa axuda dos veciños de Bandeira, en 1982 fundouse a Asociación Vista Alegre e, na actualidade, desenvólvense nela distintas actividades culturais, gastronómicas e educativas

Asociación Cultural Xirandola

entidad amiga

Asociación Cultural Xirandola

Xirandola nace no ano 1987 co obxectivo de recuperar, protexer e difundir a música e o baile tradicionais de Galicia. Dende entón, esta agrupación participou en numerosas festas e festivais ao longo do territorio español, acadando importantes premios e recoñecementos.

Banda de Música Recreativa e Cultural de Bandeira

entidad amiga

Banda de Música Recreativa e Cultural de Bandeira

A Banda de Música de Bandeira nace no ano 1980 baixo a batuta de José Villaverde Gómez. Con importantes galardóns obtidos en multitude de certames, esta agrupación é fundamental para a vida cultural de Bandeira, organizando multitude de eventos e actividades ao longo do ano e formando musicalmente ás novas xeracións na súa escola.

Club Petanca Bandeira

entidad amiga

Club Petanca Bandeira

O Club Petanca Bandeira fundouse en 1978 como único referente fóra de Vigo en toda Galicia. Actualmente compite na División de Honra, a máxima categoría neste deporte, e organiza o Open Internacional de Petanca durante a Festa da Empanada.

Asociación Fortín da Pomba

entidad amiga

Asociación Fortín da Pomba

Fortín da Pomba é un grupo de baile e música tradicional galega, formado na súa maioría por nenos, nenas e mocidade de Bandeira e parroquias da contorna. Fai a súa presentación oficial na Festa da Empanada do 1999. Dende aquela ten participado en múltiples ocasións en programas de televisión, así como en distintas celebracións e festivais. Pero sen dúbida algunha, o gran logro deste colectivo foi a creación do Concurso de Baile Tradicional Galego, que ten por nome AZALOIRA, un dos máis importantes de Galicia.

Coro Vales Mahía

entidad amiga

Coro Vales Mahía

Asociación Cultural sen ánimo de lucro dirixida por Álvaro Lodeiro Novo e que recibe o seu nome en honra ao gran tenor José Vales Mahías, oriundo de Manduas. Nace no ano 2010 e suma decenas de integrantes nas súas catro voces

Sociedad Deportiva de Bandeira

entidad amiga

Sociedad Deportiva de Bandeira

Club deportivo de Bandeira formado por diversas categorías nas que se forman centos de mozos e mozas cada ano en A Gandareira. Destaca a gran presenza do fútbol feminino na localidad.

Medias Verdes Teatro

entidad amiga

Medias Verdes Teatro

Medias Verdes nace no 2013 como unha formación amateur de teatro, desenvolvendo múltiples iniciativas de dinamización do rural