CONCURSO DE EMPANADAS

Empanadas presentadas ao concurso

Empanadas presentadas ao concurso

Dende 1975, A Bandeira elixe a mellor empanada do país entre as decenas de creacións que se presentan cada ano a un dos concursos gastronómicos máis antigos e de maior prestixio de Galicia.

Na actualidade, existen tres categorías:

Rapaza elaborando unha empanada para o concurso

Rapaza elaborando unha empanada do concurso

É importante sinalar que NON é necesaria a inscrición previa das empanadas senón que estas serán entregadas á organización na propia xornada da Festa da Empanada (sábado), en horario de 11:00 a 12:30 horas.

Todas as empanadas presentadas son puntuadas por un xurado composto por profesionais do mundo da gastronomía, quen deben valorar en primeiro lugar a presentación e, posteriormente o sabor a través dunha cata.

Tras o veredicto do xurado profesional, procédese á entrega dos prestixiosos premios da Festa da Empanada:

Categoría profesionais, amateur, infantil (por categoria):

  1. Mellor empanada do país
  2. Segunda mellor empanada do país
  3. Terceira mellor empanada do país

Categoría profesionais e amateur:

  1. Empanada coa mellor masa do país
  2. Empanada máis tradicional do país
  3. Empanada máis orixinal do país
Empanadas presentadas ao concurso

Empanadas presentadas ao concurso

A continuación, as empanadas gañadoras pasan a subastarse entre o público asistente, chegando a alcanzarse os 2.400€ por unha empanada. A recadación destínase a fins culturais e sen ánimo de lucro.


Profesionais degustando as empanadas

Profesionais degustando as empanadas

Lola Sangiao recollendo o galardón na Festa da Empanada

Lola Sangiao recollendo o galardón

Subasta dunha empanada gañadora.

Subasta dunha empanada gañadora.