AVISO LEGAL

A Asociación de Amigos da Empanada, provista co NIF/CIF G36260354 e con dirección na Rúa Vista Alegre, Nº 16, 36570 Bandeira, Pontevedra, non pode asumir ningunha responsabilidade derivada do uso incorrecto, inapropiado ou ilícito da información aparecida na páxina web de www.festadaempanada.org. Cos límites establecidos na lei, a Asociación de Amigos da Empanada non asume ningunha responsabilidade derivada da falta de veracidade, integridade, actualización e precisión dos datos ou informacións que conteñen as súas páxinas de Internet.

Os contidos e información non vinculan á Asociación de Amigos da Empanada nin constitúen opinións, consellos ou asesoramento legal de ningún tipo, pois trátase simplemente dun servizo ofrecido con carácter informativo e divulgativo. A páxina web de www.festadaempanada.org pode conter ligazóns (enlaces) a outras páxinas de terceiras partes que a Asociación de Amigos da Empanada non pode controlar. Polo tanto, a Asociación de Amigos da Empanada non pode asumir responsabilidades polo contido que poida aparecer en páxinas de terceiros.

Os textos, imaxes, sons, animacións, software e o resto de contidos incluídos neste sitio web son propiedade exclusiva da Asociación de Amigos da Empanada ou dos seus licenciantes. Calquera acto de transmisión, distribución, cesión, reprodución, almacenamento ou comunicación pública total ou parcial debe contar co consentimento expreso da Asociación de Amigos da Empanada. Asimismo, para acceder a algúns dos servizos que a Asociación de Amigos da Empanada ofrece a través do sitio web, deberá proporcionar algúns datos de carácter persoal. En cumprimento do establecido no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos, infórmase que, mediante a cumplimentación dos presentes formularios, os seus datos persoais quedarán incorporados e serán tratados nos ficheiros da Asociación de Amigos da Empanada co fin de poder prestarlle e ofrecer os nosos servizos, así como para informarlle das mellores do sitio web. Asimismo, infórmase da posibilidade de exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dos seus datos de carácter persoal, de forma gratuíta mediante email a empanadabandeira@gmail.com.