Se ÉS socio/a:
- As dúas primeiras mesas custan 20€
- A partir da terceira custan 25€
O sábado, despois do concurso de empanadas e o pregón, a Carballeira da Empanada énchese con 10.000 persoas nunha gran comida e cea de peñas. As peñas son grupos de familias ou amizades que deciden xuntarse e levar empanadas, bebidas e outros produtos da gastronomía galega para gozar dunha xornada de troula
A comida de peñas comeza ás 15:00 horas e está amenizada por grupos musicais que son os encargados de prender a festa antes de dar paso ás orquestras, que adoitan comezar a media tarde. Pola noite, ás 22:00 horas, as peñas volven xuntarse na carballeira para a gran cea de peñas que funciona como antesala á gran verbena. O certo é, que a música nesta xornada nunca se detén.
Se queres comer e/ou cear na Festa da Empanada, debes reservar a túa mesa con anterioridade. A Asociación Amigos da Empanada abre un periodo de reserva do 5 ao 18 de agosto, tempo no que aquelas peñas que decidan xuntarse deben pagar as mesas que precisen. É importante recordar que a Festa da Empanada só facilita as mesas, sendo as peñas as que levan a comida, bebida, mantel, cubertos e outras necesidades.
Cada mesa ten capacidade para 10 persoas. Os prezos son os seguintes independentemente de si se precisa para comer, cear ou ambas:
Se ÉS socio/a:
Se NON és socio/a:
Teléfono reservas(whatsapp):+34 621 08 71 17
A Festa da Empanada conta cun punto de venda de empanadas para aquelas persoas ou peñas que o precisen.
A Festa da Empanada conta con polbería oficial para aquelas persoas que non desexen alquilar as mesas pero queiran comer ou cear na Festa da Empanada. Na actualidade, a polbería da Festa da Empanada é polbería Porta de A Estrada (659 908 745).