O PREGÓN

Zahera dando o pregon

Luis Zahera dando o pregón

O pregón da Festa da Empanada é un dos momentos máis esperados de cada edición da cita gastronómica. Na actualidade, ten lugar na xornada do sábado, coincidindo co tradicional concurso de empanadas e antes da gran comida de peñas.

Abel CAballero con presidente da Asociacion

Abel Caballero, pregoeiro 2019

Dende o 1987, a Empanada recibiu a ilustres pregoeiros como Camilo José Cela ou Alfredo Conde; cociñeiros de renome como Pepe Solla ou Lucía Freitas; políticos como Abel Caballero ou Xerardo Fernández Albor.

Cela dando o pregon

Camilo José Cela, pregoeiro 1987

Actores e actrices como Luís Zahera, Gloria Ferreiro, Mela Casal, Carlos Blanco ou Teté Delgado; empresarios da talla de Miguel Durán; así como xornalistas de prestixio como Fernando Ónega, María Rey, Pilar Cernuda ou José María Carrascal.

Consulta todos os pregoeiros e pregoeiras da Festa da Empanada: