EMPANADA FEST - BANDEIROCK
22 AGOSTO

LOCALIZACIÓN E HORARIOS
Horario próximamente
FESTIVAL SOLIDARIO

Comida doada polo público
Leva alimentos non perecedoiros ao festival e entrégaos á organización. Deste xeito, colaboras co Banco de Alimentos de Servizos Sociais do Concello de Silleda e axudas de forma directa a decenas de familias en risco de exclusión social.
HISTORIA DO FESTIVAL

Boyanka Kostova no Bandeirock
A andaina do Festival Bandeirock comeza no ano 1998, cando un grupo de amigos e amigas deciden darlle un pouco de rock ás festas de verán da vila da Bandeira. O que comezou sendo un pequeno encontro de amantes de rock foi evolucionando co paso do tempo ata converterse nun festival de referencia no noso país.
Dende hai anos, a Asociación Amigos da Empanada encárgase da súa organización baixo a denominación Empanada Fest, que comparte co seu curmán o Esmorga Folk. O Bandeirock ten lugar o xoves da Festa da Empanada, xornada na que a veciñanza pode gozar doutras actividades culturais e gastronómicas.
GRUPOS DE RENOME

Público asistente ao Festival Bandeirock
O Festival Bandeirock reuniu a grupos de relevancia nas súas diversas edicións, entre os que podemos destacar a Che Sudaka, NAO, Calle del Ruido, Mojo Experience, Os John Deeres, Salavelatoria, The Ron Jeremy Band…
GRUPOS LOCAIS

Kona Ke Te Fixo no Bandeirock

NAO no Festival Bandeirock
Na esencia deste festival atopamos o apoio a grupos de música locais, que precisan dunha maior visibilidade para lograr ocupar un espazo na industria musical. É o caso de Skarmento, Som do Galpom, Tiro na Testa, Froján, Semos Peligrosos, Cambotes... Que medraron baixo a festa rock da Bandeira. Pero sen dúbida, o grupo por excelencia do Bandeirock é Kona Ke Te Fixo, banda que iniciou o festival e simboliza a esencia do mesmo.