EMPANADA FEST - ESMORGA FOLK
23 AGOSTO
LOCALIZACIÓN E HORARIOS
Horario próximamente
FESTIVAL SOLIDARIO
Leva alimentos non perecedoiros ao festival e entrégaos á organización. Deste xeito, colaboras co Banco de Alimentos de Servizos Sociais do Concello de Silleda e axudas de forma directa a decenas de familias en risco de exclusión social.
HISTORIA DO FESTIVAL
O Festival Esmorga Folk nace no 1989 froito do esforzo dun grupo de mozos e mozas da vila de Bandeira, amantes da música tradicional, que vían como co paso do tempo esta se deterioraba e quedaba no esquecemento. Este festival consolidouse grazas ao empeño da organización de xuntar, ano tras ano, grupos de gran renome do panorama musical do momento, actuando en Bandeira agrupacións procedentes de todo o mundo
Na actualidade, está encadrado no venres da Festa da Empanada do pobo de Bandeira, unha xornada que conta, ademais, con diversas actuacións de baile e música tradicional galega, xogos tradicionais e outras actividades.
Cita ineludíbel do verán, o Esmorga é un dos festivais máis importantes da nosa terra, actuando na Bandeira agrupacións como Koun procedentes da Bretaña ou Luar na lubre, un dos grupos máis importantes do panorama folk de todos os tempos. Leilía, Mercedes Peón, Carlos Núñez, Kepa Junquera ou mesmo grupos estranxeiros como Vladimir y Serguev ou Dhais acudiron, durante os primeiros anos a dito festival. No 2000, o Esmorga achégase a Asturias, actuando Tejedor na compaña de Rumbadeira e o Son de pan entre outros.
No novo século, grupos de renome participaron no Esmorga: Susana Seivane, Ruote, Pepe Vaamonde, Matraca Perversa, Tres Pesos, Os Melidaos, Treixadura, Fiandola, Quempallou, Tiruleque, A Roda ou Tanxugueiras.
O Festival Esmorga Folk tamén apostou en todas as súas edicións por grupos que están a comezar a súa carreira no mundo da música, sendo unha importante plataforma de impulso de grupos revelación que, co paso dos anos, colleitaron grandes éxitos. É o caso de Leilía ou Tanxugueiras, que naceron neste evento musical e ao que posteriormente acudiron en diversas ocasións.