PATROCINIOS
Libros de patrocinadores
Se queres participar no libro de patrocinadores contacta con nós no seguinte correo electrónico comunicacionempanada@gmail.com
A EMPANADA DA BANDEIRA, A MELLOR DO MUNDO
Na Bandeira a empanada estrela é a de carne e isto débese a que este pobo exporta unha das mellores carnes do mundo, a vaca vella da Bandeira da man da empresa local Frigoríficos Bandeira. Trátase dun produto presente nos máis selectos restaurantes e que se gañou a confianza dos mellores chefs do mundo entre os que destacan Martín Berasategui ou o televisivo Pepe Rodríguez, que ademais foron declarados embaixadores da Festa da Empanada.
Ademais, a verdadeira "empanada da Bandeira" debe ser elaborada con fariña do pais, isto é, fariña de trigo galego moída á pedra ao estilo tradicional, concretamente con aquela que se produce en "O Muiño de Cuíña" dende o ano 1918.